sábado, febrero 28, 2009

Passamezo Moderno. Diego Ortiz


Este é un exemplo de passamezzo moderno renacentista, e resulta interesante, xa que é un bo xeito de traballar a invención melódica, o recurso harmónico do ostinato, a harmonización mediante acordes, e o concepto formal de variación. Aquí preséntase a tres voces, pero pódese engadir algunha máis. O conxunto instrumental escollido nesta partitura é unha posible solución tímbrica para traballar no contexto da aula. Dende logo, calquera outra opción sempre resultará interesante: corda frotada e acompañamento acórdico de guitarra; vento madeira con guitarra; etc.

Aquí, por exemplo, temos un Passamezzo antico interpretado pola agrupación del maestro Jordi Savall :

No hay comentarios: